Bo proveito estudante!

Previsibelmente, a saúde é un tema que nos interesa a todos e a todas. Pero segundo a propia definición da OMS, non a podemos entender soamente como a ausencia de enfermidade, senón que debe supor tamén un estado de benestar físico, mental e social. Estes últimos aspectos adoitan estar máis esquecidos polo conxunto da sociedade.

Un dos factores máis importantes que interveñen na configuración dunha boa saúde é a alimentación, un proceso que, a diferenza da nutric
ión, é voluntario e consciente e ten notábeis repercusións no benestar do individuo. Porén, o ritmo de vida da sociedade actual, xunto coa instauración dunha cultura de consumo do “cómodo”, fan que o compoñente alimentario estea cada vez máis descoidado.

As institucións públicas e sanitarias comezaron a se preocupar polos hábitos alimentarios dos nenos e nenas, pero se cadra deixaron de lado outras franxas de idade e sectores sociais nos que unha boa dieta pode ser decisiva para o desenvolvemento do individuo. Este é o caso, por exemplo, do estudantado universitario, que en moitos casos asume por primeira vez a responsabilidade de xestionar a súa comida.

Unha boa alimentación está baseada na chamada dieta equilibrada, que se caracteriza por cubrir as necesidades enerxéticas e nutritivas da persoa, de acordo cos seus gustos e hábitos, pero co obxecto de resultar variada e apetecíbel.

Fonte: todomonografias.com


As pautas de consumo do estudantado universitario arrédase bastante do ideal estabelecido na pirámide anterior. Claro exemplo disto, son as declaracións das seguintes alumnas e do seguinte alumno da Universidade de Santiago de Compostela.



Pero, cales son os factores que motivan esta mala alimentación? Son os gustos persoais? A ausencia de tempo? A preguiza? A falta de habilidade na cociña? Probabelmente sexa unha combinación de moitos factores, pero o que é evidente é que os menús que serven nos comedores universitarios teñen unha notábel influencia.

0 comentarios:

Enviar um comentário