Comedores universitarios: dieta atlántica ou dieta graxa?

A Universidade de Santiago de Compostela conta cunha serie de comedores e cafetarías que pon ao servizo da comunidade estudantil. En principio, a USC pretende impulsar a través deles uns hábitos de consumo máis equilibrados. Por iso mesmo sacaron o proxecto Dieta Atlántica, no que se recollen uns obxectivos de saúde nutricional nos comedores así como unha guía de elaboración dunha dieta saudábel. Porén, en bastantes ocasións prima máis a rendibilidade económica dos menús que o compromiso coa saúde. Na seguinte táboa preséntase as comidas servidas en tres dos estabelecementos da USC durante a semana do 16 ao 20 de marzo de 2009.



Como podemos ver, a presenza de produtos graxos coma a zorza, as hamburguesas ou o lombo son moi habituais. Se a isto lle engadimos as frituras e a escasa presenza de verduras frescas, dá como resultado unha dieta moi pouco sá. Neste sentido, Rafael Tojo, catedrático de nutrición clínica e terapéutica da US e impulsor da Dieta Atlántica, sinala que “en todo o mundo occidental os que comen de cafetaría globalmente comen peor porque hai que facer unha comida rápida e polo tipo de traballo. Asemade, cómese aquilo que entra mellor polos ollos e non polo seu valor industrial.

Diferentes expertos veñen advertindo ultimamente dos problemas que está a ocasionar a obesidade e o sobrepeso entre o conxunto da sociedade. Porén, quen ha ter a derradeira palabra sobre este asunto é o propio do estudantdo .




VOLVER ATRÁS

0 comentarios:

Enviar um comentário