A precariedade: inimiga da calidade

Hai unha consigna moi empregada polo Sindicato de Xornalistas de Galicia que reza “a miña precariedade a túa desinformación”. Dardo Gómez parece ser un gran seguidor desta consigna, xa que afirma que “debido á proletarización do xornalismo é imposíbel elaborar unha información cun mínimo de calidade”. O principal argumento que se esgrime para facer este tipo de afirmacións é o relativo ao tamaño dos cadros de persoal. Se cada vez o número de traballadores e traballadoras é menor, cada profesional terá que abarcar máis feitos noticiosos, o que fai que sexa materialmente imposíbel cumprir con tódolos compromisos informativos mantendo un mínimo de rigor. Bo exemplo disto é o xornalismo de declaracións, no que se tende a recoller unicamente o que se di nunha rolda de prensa ou o que aparece nunha nota enviada por un gabinete, nin se contrasta a información nin moito menos se contextualiza. Dardo Gómez analiza isto do seguinte xeito:



Pola súa parte, Xosé Manuel Pereito, presidente do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, indica que “a calidade da información depende da precariedade da xente que a realiza. Se o intermediario está mal pagado, é difícil que a información que faga sexa de calidade”. A raíz destas declaracións, debemos lembrar que o dereito á información non lle pertence aos medios, senón aos cidadáns e cidadás. Os xornalistas teñen a obriga de fornecer á sociedade dunha información completa, veraz e plural. Se non se cumpre isto, estaremos -en palabra de Dardo Gómez- “estafando á cidadanía”.


A cidadanía enganada | A situación laboral en tempos de crise | Xosé Manuel Pereiro: "o que está na nosa man é protestar"

0 comentarios:

Enviar um comentário