Xosé Manuel Pereiro: "o que está na nosa man é protestar"

Xosé Manuel Pereiro (Monforte de Lemos, 1956) é o decano do Colexio de Xornalistas de Galicia. En tempos de crise, axúdanos a comprender mellor a realidade que se está a vivir nos medios de comunicación galegos.

Como afecta a crise no mundo do xornalismo?

Por unha banda o descenso da inversión publicitaria afecta á economía das empresas, pero pola outra tamén está a crise que xa viñan vivindo os propios medios. Isto último está a levar a importantes renovacións do cadro de persoal que a patronal xustifica coa recesión pero que son desproporcionados para a reducción de ingresos que hai. Por exemplo, El País está formulando ERES cando os xornal é rentábel.

É posible que este recorte de persoal esté afectando ós veteranos en base a prexubilacións e ós mais novos ?

Si, as empresas aproveitan que os veteranos acumulan unha serie de condicións laborais de estabilidade para se desfacer deles. Isto vai en detrimento da calidade da informacóin, porque no xornalismo é necesario un proceso de aprendizaxe. Se eliminas persoal por aí estás a suprimir unha escola de profesionais.

Hai baixa sindicación no xornalismo?

Si, moi baixa. Está o dito ese de que “somos profesionais liberais”, non asumimos que realmente somos asalariados. É unha profesión moi individualista, e isto pode ser unha das causa de que haxa unha precariedade tan clara.

E que solucións hai?

Eu non teño solucións. Nunca pasei de ser un asalariado. Unha das cousas que creo que habería que mobilizar á cidadanía para denunciar que a calidade da información é a que é por mora da precariedade da xente que a realiza. Se o intermediario está tan mal pagado é moi difícil que o resultado sexa de calidade. As empresas itñan que darse conta de que a solución non é rebaixar o grao de satisfacción dos profesionais. En todo caso, o que está na nosa man é protestas, así foi como se conseguiu a xornada de oito horas e historicamente vemos que non hai máis método que ese.

A cidadanía enganada | A situación laboral en tempos de crise | A precariedade: inimiga da calidade

0 comentarios:

Enviar um comentário